Nestes tempos a ciencia e a investigación están a ser nosas aliadas.
Iso é algo que os nenos e nenos de 5º de primaria teñen gravado e por iso quixeron poñerse na pel dos científicos para estudar a oxidación dos corpos.
O primeiro de todo é cortar unha mazá en catro anacos. Cada un deses anacos foi exposto a distintas condicións para así observar como se oxida. Para iso colocámolos en catro pratos seguindo este esquema:
Despois de agardar 30 minutos observamos o seu estado e puidemos ver que o anaco de mazá do prato número un escureceuse, o do prato número dous a penas cambiou de cor e os anacos dos pratos número tres e catro non apreciamos o cambio de cor.
Despois desta observación sacamos as nosas conclusións:
A oxidación é unha reacción química que se produce na froita ao reaccionar co osíxeno do aire. Esta oxidación pódese retardar por refrixeración ou envolvéndoa co plástico para que non entre en contacto co osíxeno.
Outra opción para retardar a oxidación é engadir un pouco de zume de limón que actúa como antioxidante porque contén vitamina C.
Éche ben certo, que non hai mellor maneira de aprender que experimentar por nos mesmos.