Festa das nosas Letras

O pasado xoves 16 de maio, o noso cole celebraou o Día das Letras Galegas, ofrecendo unha serie de actividades cheas de creatividade e homenaxe á cultura galega.

A celebración comezou cos nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, que presentaron un interesante podcast sobre o significado do Día das Letras Galegas.

A continuación, os alumnos de 6º de Educación Primaria faláronnos sobre a vida e obra da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta, brindándonos unha visión da súa importante contribución á literatura galega.

Os máis pequenos, de Educación Infantil, uníronse á festa cunha encantadora canción que encheu de ledicia a todos os presentes.

Despois, foi a quenda dos alumnos de 4º de Educación Primaria, que demostraron o seu talento actoral coa divertidísima obra de teatro «Corre, corre Cabaciña», provocando risas e aplausos entre o público.

Os estudantes de 3º de Educación Primaria recitaron fermosos poemas da escritora Luisa Villalta, mostrando o seu aprecio pola poesía galega.

Os alumnos de 1º de Educación Primaria deleitaron a todos cun conto cheo de imaxinación.

Finalmente, os estudantes de 5º de Educación Primaria presentaron unha canción orixinal cunha letra dedicada a Luísa Villalta, mostrando a súa creatividade e amor pola música.

A xornada concluíu coa esperada entrega de premios aos gañadores do concurso de micropoemas, seleccionados polos nosos maiores de 6º, pechando un día cheo de cultura e celebración.

Con esta festa remata unha semana de promoción das Letras Galegas, onde os nosos nenos e nenas se achegaron a vida da autora homenaxeada a través de distintas actividades lúdicas e de investigación.

Unha das actividades máis fermosas foi o contacontos realizado polos mozos e mozas da aula de Educación Especial e ofrecido aos máis pequenos. Os nosos rapaces leron o conto Paio conta como é a discapacidade intelectual da Colección dos Bolechas deseñado pola Fundación FADEMGA en pro da inclusión nas escolas.