Durante este curso os pequenos e pequenas de 1º van a desenvolver un proxecto sobre os animais.
O primeiro de todo foi a cerimonia de selección das casas. Cada casa está composta por distintos animais que os nosos exploradores deberán estudar a fondo. Para distribuír os animais, os nosos pequenos tiveron que poñerse de acordo e consensuar quen ía a estudar cada animal. Esta tarefa non parecía sinxela pero os cativos sorprendéronnos do ben que o fixeron.
Nestes momentos, os exploradores iniciaron unha investigación sobre os animais coa axuda das súas familias. Unha vez feita a investigación, plasmárono nunha cartolina para explicarlles aos seus compañeiros a curiosidades máis importantes dos seus animais.
Este proxecto ten como obxectivo dar a coñecer os animais da nosa contorna, ademais doutros máis exóticos, e promover o coidado dos mesmos.
Isto só é o principio do proxecto e seguiremos afondando neste tema, agardade novas pronto.