Como cada inicio de curso, hoxe dedicamos o día a traballar o obxectivo e o lema que imos desenvolver ao longo do curso: “Todos somos Mornese”. Cada ano é distinto pero este, sen dubida, é moi especial, xa que celebramos o 150 aniversario da Fundación do Instituto das Fillas de María Auxiliadora.
Esta xornada estaba dividida en tres partes: Todos, somos e Mornese. Na primeira parte, “Todos”, vimos a película Los Croods para posteriormente realizar un cinefórum. As conclusións estaban claras: “se queremos ser máis fortes debemos estar TOD@S xuntos”.
Despois desta reflexión chegou o momento de elixir ao delegado de cada clase. Este momento estivo amenizado coas cancións Todos somos más de Yotuel, Beatriz Luengo e Lara Álvarez e Somos uno de Axel, das cales puidemos sacar frases como: Soy la mano que te quiere ayudar ou Porque comprendí que soy capaz de transformar lo malo en bueno.
A última parte desta xornada foi “Mornese”. Fai 150 anos de Mornese nacían as Salesianas, hoxe son centos de colexios, obradoiros, ONGs, fundacións e casas fogares que traballan co mesmo obxectivo.
Nós somos Mornese. Esta foi a conclusión que chegamos despois dun coloquio sobre o Que é para ti ser Mornese? Para os nosos pequenos e pequenas Ser Mornese é vivir con alegría e estar atentos a quen máis o precisa, por iso para eles…