O venres 4 de maio os cursos de 1º e 2º fomos de excursión a Campo Lameiro.
Comezamos a visita facendo un percorrido pola Área Arqueolóxica do PAAR, onde puidemos observar un conxunto de petroglifos (gravados en rocha de granito). A monitora explicounos que pertencían a Idade de Bronce.
Tamén vimos a reprodución dun pequeno poblado para aprender como se vivía naquela época ou un labirinto, cuxa forma se basea no motivo representado no petroglifo de Mogor.
Rematamos o percorrido ao aire libre coa exhibición do lume.
E despois de tanto andar fomos a merendar para recuperar folgas e continuar coa visita a exposición permanente do CIDAR (Centro de Interpretación da Arte Rupestre) para logo experimentar as fases do proceso de creación e realización dunha decoración mural.
Como gozamos creando pigmentos, para logo a nosa imaxinación deixar voar!