O día 4 de xuño visitou o noso centro a escritora e membro da Real Academia Galega Fina Casalderrey.
Autora de libros como O misterio dos fillos de Lúa, polo que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ou Dúas bágoas por Máquina -Premio Merlín-.
Nesta xornada fixo un percorrido pola súa biografía centrándose principalmente nos comezos da súa actividade literaria para logo profundar nas tres obras lidas polos nosos alumnos: O estanque dos parrulos pobres -Premio Edebé de Literatura Infantil-; Isha, nacida do corazón e Cuca e o abrigo marrón.
Unha mañá cargada de emocións onde a literatura foi a protagonista.