Os alumnos e alumnas de sexto de E. Primaria convértense en padriños e madriñas dos de sexto de E. Infantil (5 anos).
De martes a venres, en horario de recreo e cunha duración entre 5 e 10 minutos, de forma voluntaria, os padriños e madriñas recollen na aula aos seus afillados e afilladas e diríxense a ler con eles ao lugar do colexio que desexen, experimentando novos espazos de disfrute da lectura cada día.
Inicialmente traballan o recoñecemento dos fonemas, entoación, ritmo, vocalización… de cara a adquisición da lectura comprensiva. Con posterioridade, cando o proceso lector estea máis avanzado, os maiores xúntanse cos pequenos para lerlles contos e despertar neles o goce de ler.
Con este proxecto de Aprendizaxe e Servizo preténdese, por un lado, axudar ao alumnado de Ed. Infantil a aprender ler e desexar facelo, así como mellorar a competencia lectora tanto do lector coma do ointe; e por outro, desenvolver as relacións interpersoais entre as diferentes idades.
Trátase dunha experiencia moi motivadora para ambas partes, pois non só comparten un momento de lectura, de aprender a escoitarse, e ser responsables, senón que se establecen lazos de amizade e cariño, como signos de prevención de conflictos e actitudes negativas.