As dúas últimas semanas do mes de Abril na nosa escola puxemos en marcha a Campaña do DOMISAL, unha iniciativa que une a todos os colexios de Salesianas de España e Portugal para dar a coñecer un proxecto que dirixen as Fillas de María Auxiliadora en países en vía de desenrolo e ao mesmo tempo recaudar fondos para logralo.
Este ano o obxectivo é crear catro cooperativas téxtiles e unha cooperativa agrícola na República Democrática do Congo.
Nos Bos días demos a coñecer a realidade das mulleres de Lubumbashi, rezamos por elas e invitamos aos nen@s, mestres e a toda a comunidade educativa a colaborar neste proxecto.
Rematamos o día 27 de abril cunha celebración onde ofrecemos o nosos traballo ao longo destes días a María Auxiliadora.
Queremos dar as GRAZAS a todos vós pola vosa colaboración e participación nesta Campaña do Domisal.
Un GRAZAS en maiúsculas porque SEN A VOSA AXUDA, ISTO NON SERÍA POSIBLE!