Durante o mes de febreiro a clase DAS ESTRELAS elaboraron un proxecto sobre Pablo Picasso. Todo comezou cando na clase apareceu unha imaxe, a cal analizaron mediante a rutina de pensamento: VEXO , PENSO E PREGÚNTOME. Quen sería ese home???
Precisaban axuda para seguir investigando, así que levaron a imaxe as súas casas e, coa axuda das familias, fixeron uns traballos chulísimos cos que descubriron que era o gran pintor PABLO PICASSO.
Día a día a colección ía medrando e servíalles para ir coñecendo pouco a pouco a este pintor. Pero non só investigaron nas súas casas, senón que no cole realizaron distintas actividades para desenvolver as competencias clave:
- Falaron sobre Picasso.
- Foron escultores coa nosa plastilina.
- Debuxaron e pintaron en grande como noso pintor mentres escoitaron música .
- Ampliaron un cadro bodegón de Picasso, aportando as súas ideas.
- Fixeron o quebracabezas co seu autorretrato.
- Organizaron unha exposición con todos os traballos e invitaron a todos os compañeiros de primaria.
- Disfrazáronse de pintores e pintoras e por unhas horas sentíronse como si estiveran en París, formando parte da gran familia de pintores famosos.
Gustoulles moito esta experiencia e o máis importante é que aprenderon moitas cousas grazas a axuda das súas familias.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!
QUE GRANDE PICASSO!