Somos centro dixitalmente competente!

Tras máis dun ano de traballo na transformación dixital do noso centro, obtivemos a certificación de centro dixitalmente competente a través do Programa ec-digital de Escolas Católicas.

Ec-digital é un programa baseado no Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg) e é o primeiro que contempla unha Certificación a nivel nacional e que recoñece por igual a implantación e desenvolvemento coa tecnoloxía das empresas máis punteiras en tecnoloxía: Apple Solution Expert Educación, Google for Education e Microsoft.

Isto non é o final. Seguimos traballando para mellorar a competencia dixital dos nosos estudantes, uns futuros cidadáns dixitais responsables e coherentes.