Como ben sabedes, os nenos e as nenas de 4º estamos a cultivar un horto ecolóxico na escola.
É por este motivo que o Concello seleccionou o noso curso para participar este ano na actividade que organizan co galo do “Día da Árbore”.
A pesares de que esta data se conmemora o 27 de abril, o Concello sempre a organiza a finais de febreiro porque é a mellor época para que as árbores medren axeitadamente.
Deste xeito, o 21 de febreiro montamos nun minibus, armados cos nosos sachos e as nosas botas de goma, para dirixirnos ao monte de Santa María (o lugar acordado para a plantación).
Que susto ao chegar e ver que non había ninguén! Éche be certo que a puntualidade non é un don frecuente!
Cando por fin chegaron os demais colexios, déronnos unha pequena charla sobre a necesidade da repoboación forestal, na que participaron representantes do Concello, demais do Señor Alcalde. Tamén estaban presentes membros de SEPRONA e da asociación AsoProVida.
Ao remate dos discursos, formamos grupos de traballo e comezamos a plantar as ásbores: especies autóctonas de carballos e castiñeiros, seguindo as instrucións dos profesionais.
Plantamos unha morea de árbores e estamos ben seguros de que todas medrarán altas e fortes para que as xeracións vindeiras se beneficien delas. Non está de mais dicir que aínda que eramos os participantes máis novos, tamén eramos os máis entusiastas!
E tanto traballo deunos fame, polo que ao chegar ao cole, un bo xantar nos dispuxemos a disfrutar!