OS VAQUEIROS E VAQUEIRAS MÁIS BUSCADOS DO OESTE

Durante a semana do Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil viaxamos no tempo para coñecer todo sobre os vaqueiros do oeste. Comezamos a nosa viaxe coñecendo como eran as aldeas e cales eran as diferentes actividades que nelas se realizaban. Sabiades que o oficio principal dos vaqueiros era transportar o gando e coidalo? Sempre pensamos que todos os vaqueiros eran pistoleiros e fuxitivos.

Algúns vaqueiros deixaron a súa profesión de coidadores de gando para facerse buscadores de ouro e si,  algúns eran bandidos. Para poder capturalos e protexer as aldeas estaba o Sheriff.

Para poder descubrir toda esta información, realizamos unha paleta de intelixencias múltiples. Coas diferentes actividades busca fomentar e desenvolver as Intelixencias múltiples a través de diferentes actividades como: contamos cabalos, fixemos sumas cos vaqueiros, series, quebracabezas, aprendemos novo vocabulario tanto en inglés como en galego, fixemos unha coreografía de música country e coñecemos a historia de Pecos Bill a través dunha canción. Finalizamos a paleta cun taller no que, cada nen@, construíu o seu propio cabalo cun pau e un calcetín.

Para rematar este gran traballo, o xoves pola tarde, tocou disfrazarse de vaqueiros e vaqueiras para bailar e xogar todos xuntos no noso patio

yiiihaaa!!!