Durante esta semana levouse a cabo unha actividade moi divertida na aula “dos dragóns de 5 anos”.
Os pequenos de infantil, pasaron unha tarde de venres moi artística e chea de cor. Os rapaces e rapazas experimentaron pintando en vertical e cun soporte transparente.
Coñecedes os beneficios de pintar sobre superficies verticais?
Pois ben, esta técnica mellora o agarre do lapis, aporta estabilidade no ombreiro, cóbado e mano e axuda á coordinación óculo-manual.
Pero sen dúbida algunha o mellor de todo foi o ben que o pasaron os pequenos dragóns e dragonas.