Educación Física… No Xardín!

Aproveitando os raios do sol, o profe Hugo levounos a facer Educación Física no xardín! E que ben o pasamos!

A Educación Física no entorno natural ten moitas vantaxes que nos axudan a medrar fortes e sans. Pero ao facer exercicio na carballeira non so exercitamos os nosos músculos… tamén o noso cerebro!

O contacto coa natureza axúdanos a entender o importante que é conservala e protexela. Puidemos observar as diferentes especies de árbores, distiguilas por trazos característicos e identificar os seus froitos e flores. Tamén analizamos os diferentes cursos do río e analizamos as características do tramo que tiñamos á nosa disposición.

Por último, e non menos importante nestes tempos tan complicados, a carballeira ofrécenos un espazo para correr e realizar as actividades que nos propón a educación física mantendo a distancia entre todos nós. A seguridade ante todo!