Este curso 2020/21 comeza cunha moi boa nova para o noso centro. O noso traballo durante os últimos anos no eido do Plurilingüismo acaba de facilitarnos o acceso ao Programa BEDA.
Mediante este programa organízanse a nivel nacional e internacional diferentes colexios de todo o estado para a mellora do proceso de ensinanza e aprendizaxe do inglés, nun contexto plurilingüe. Está dirixido por Escolas Católicas de Madrid e tamén por Cambridge English Language Assessment.
Trátase dun proceso gradual, no que se van superando diferentes etapas con obxectivos orientados a acadar a excelencia na ensinanza do idioma. Este proceso de implantación lévase a cabo a través de tres piares fundamentais:
- O incremento cualitativo e cuantitativo da ensinanza do inglês.
- A formación específia do profesorado.
- Avaliación externa con Cambridge para alumnos, profesores e persoal do centro.
Mediante este programa o noso centro poderá de dispoñer de ferramentas que estimamos fundamentais para a mellora da ensinanza, tales como formación específica para o profesorado, contratación de auxiliar de conversa, preparación de exames Cambridge para o recoñecemento internacional…
Pero tamén debemos salientar que se trata este dun distintivo de calidade, unha distinción orientada a sinalar a excelencia resultante dos nosos anos de experiencia neste campo.
Para máis información, podedes consultar a web do programa