Truco ou trato?

Un ano máis chega a época máis terrorífica do ano: O SAMAÍN. Este ano a COVID non nos está poñendo as cousas fáciles, pero aos nosos nen@s teñen a mesma ilusión de sempre.

Como cada día cumprindo coas normas do protocolo, gardando as distancias e MASCARAS. Para estes días decidimos volvelas máis monstruosas, e para elo so precisamos papel, cores, tesoiras e xa temos o noso disfrace para as mascaras.

Pero para nós o Samaín comezou o luns e durante toda a semana aprenderon distintas cuestións sobre esta festividade. Sabiades que o Samaín é de orixe celta? Ou para que se utilizaban as cabazas e as cabeiras? Pois os nosos pequeno descubrimos estas e outras cuestións a través de xogos, cancións ou adiviñanzas.

Arañas, pantasmas, cabeiras e … momias invadiron o nosa escola. As momias estaban ben vivas, xa que os pequenos de infantil se converteron nunhas momias moi tenebrosas. Gozaron moito envolvéndose en papel e xogando a ser unas terroríficas momias.

Por outro lado, os nosos nen@s da aula de NEE fixeron un proxecto titulado “Una noche de terror”. Nel puxeron todo o seu maxín para crear un aterrador cómic. Inventaron a historia, ilustrárona con temibles debuxos, gravaron as voces e montaron o vídeo para facernos tremer de medo.