Viaxamos no tren dos números

O pasado venres 22 de outubro, os alumnos e alumnas de segundo emprenderon unha viaxe moi especial, unha viaxe ao coñecemento.
Os pequenos e pequenas subíronse ao tren dos números e visitaron as distintas estacións de aprendizaxe.
Cando os alumnos chegaban a cada estación debían ler as normas sobre a actividade proposta para traballar os números e a súa descomposición. Cando remataba o tempo o revisor deste tren marcaba o seu Ticket de viaxe e trasladábanse a seguinte estación. Ao final o alumnado recorreu as seguintes seis estacións:


· Estación 1: O dominó dos números.
· Estación 2: Os pompóns numéricos.
· Estación 3: Memory
· Estación 4: Tarsia.
· Estación 5: O labirinto.
· Estación 6: Matemáticas dixitais.

Pero… que nos aportan as estacións de aprendizaxe?
As estacións permiten optimizar a aprendizaxe mediante o xogo e fomentan aquilo que mellor se lles da a cada alumno. Ademais, ofrécenlle ao alumnado a posibilidade de brillar, sentirse importante e reforzar a súa autoestima a través de actividades que lle motivan.