Club nutrifriends para o planeta

Hoxe celebrouse a primeira xornada gastronómica con baixa pegada de carbono, que fomenta un maior protagonismo das proteínas vexetais. Nesta ocasión os nosos nenos e nenas probaron Tacos de verduras superfood (podedes consultar a receita ao final da noticia).

Esta xornada encontrase dentro do “Club nutrifriends para o planeta”.

Que é o “Club nutrifriends para o planeta”?

É un proxecto integral que xuntan gastronomía, nutrición e educación co fin de mellorar a alimentación e saúde dos nosos nenos e nenas á vez que achegamos o noso gran de area polo coidado do pl aneta, contribuíndo á diminución da pegada de carbono.

Por que apostamos pola proteína vexetal?

Unha alimentación que prioriza as proteínas vexetais, ademais de axudar ao planeta, ten múltiples beneficios para a nosa saúde.

Un patrón alimentario onde as froitas, verduras, legumes, cereais e froitos secos son a base da nosa dieta axúdanos a aumentar a diversidade de nosa microbiota intestinal reforzando así́ o noso sistema inmunitario.

Existen produtos de orixe vexetal que nos proporcionan proteínas completas do mesmo modo que a carne, o peixe ou os ovos. A proteína completa é aquela que contén todos os aminoácidos necesarios para que se forme unha proteína con todas as súas características. Os garavanzos, feixóns brancos, quinoa, soia e pistachos son algúns deles. Outros legumes, como a lentella e o feixón vermello, deben complementarse ao longo do día con algún cereal, como por exemplo o arroz.

O noso Departamento de Nutrición e Dietética garante que estas xornadas gastronómicas sigan este patrón alimentario para garantir todas as achegas nutricionais que os nenos e nenas necesitan.

 

RECETA MENU TACOS DE VERDURA SUPERFOOD