Aprendendo dos Avós

Os días 18 e 19 de Abril, o noso cole e máis concretamente os alumnos de 2º de Educación Primaria, contaron cuns mestres moi especiais, os ávos de dúas alumnas deste curso.

Estas persoas maravillosas que saben escoitar e mostran moito interés no que queremos dicir, compartiron cos nenos e nenas a sabiduría da vida e permitíronlle aprender das súas máxicas leccións de: cestería, calceta, costura, lavado de roupa á man, xogos tradicionais… e ata lles deixaron un bo sabor de boca coa degustación de biscoito de chocolate.

Foron unhas tardes estupendas!

GRACIÑAS AVÓS!

Carmen Pérez