O domingo 21 de outubro celebrouse o DOMUND, o Domingo Mundial das Misións. Este é o domingo no que os cristiáns de todo o mundo lembramos e organizámonos para colaborar cos misioneiros as persoas que, repartidas por todo o mundo levan a cabo multitude de labores sociais.
O lema deste ano foi “Cambia o mundo”. Con esta frase queren dicirnos que está na nosa man, que somos nós quenes temos esa capacidade. Nós, grandes e pequenos, colaborando a través dos nosos pequenos sacrificios, sendo misioneiros das nosas pequenas cousas, podemos cambiar o mundo. Neste vídeo podedes ver o lema explicado.
No cole colaboramos durante dúas semanas, facendo un pequeno esforzo, entre todos, renunciando a algunha chuche e deixando esa moeda no peto. Pero non so colaboramos así, tamén colaboramos cun sorriso, coa man amiga, co saber escoitar… iso non nos falta nunca!
O día 24, como colofón da campaña, fixemos unha pequena celebración, da man de María, no seu día, os alumnos e alumnas de 5º prepararon unha representación, ofrendas, peticións… por suposto, tamén presentamos os petos e ata nos visitaron os cativos de Infantil!