Visita á exposición dos Bolechas

O luns 29 de outubro os cursos de 1º, 2º e 3º visitamos a exposición “Gatiños, Ghatiños e Gatíos” dos Bolechas.

A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra no marco do Ano da Lingua, ten como finalidade dar a coñecer a riqueza da lingua galega.

Nesta exposición os nen@s divertíronse moito, xogando pero tamén aprendendo.

Coñeceron como falamos nós e os nosos avós e tamén como falan os nen@s e os seus avós noutros lugares de Galicia.