Os Reis chegaron a «La Encarnación»

Aínda que con retraso, os Reis Magos chegaron ao cole!

Esta semana recibimos os novos ordenadores dos proxectos Abalar e E-Dixgal para 5º e 6º de Educación Primaria, que xa foron entregados aos nenos/as.

Estes novos portátiles poderán levarse para a casa, polo que a Xunta nos proporcionou uns maletíns para o seu transporte. Deste xeito os nenos/as poden acceder aos contidos da plataforma virtual dende a casa, facilitándolle así o estudo. O acceso á plataforma pode facerse tamén sen conexión a Internet e os avances realizados na casa actualizaranse de xeito automático cando o portátil volva a ter conexión.

Ademais da plataforma virtual, os portátiles veñen equipados cunha serie de aplicacións educativas deseñadas para facilitar a aprendizaxe dos nenos/as.

Lembrade que para seguir a actividade educativa dos vosos fillos/as, a Xunta facilítavos diferentes canles on-line:

  1. 1. EspazoAbalar: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
  2. 2. App abalarMóbil: podedes descargala en Google Play Store o en Apple Store.