San valentín

Llega el momento de empezar. ¿Estáis preparados?

Hay quienes llevan unos días dejándolo todo listo para iniciar una nueva aventura en la que toda la Comunidad Educativa compartiremos momentos muy especiales.

Os adelantamos algunas de las novedades para este curso que seguro os encantarán. Por un lado nuestro lema, «Que suene tu voz», que nos invita a ser la fuerza y el cambio que el mundo necesita. Por otro lado, que la presencia de las Salesianas en Alicante cumplirá 100 años muy pronto. Además, como habrás podido comprobar… ¡Estrenamos nueva web!

Esta foi unha semana chea de amor e amizade no noso cole.

Fai moitos, moitos anos un sacerdote decidiu casar en segredo a parellas novas que se querían moito, pero o tiñan prohibido por unha lei inxusta. En honra a este sacerdote, despois convertido en santo, celebramos hoxe en día San Valentín.

O día de San Valentín celébrase en todo o mundo o 14 de febreiro, e aínda que algunhas persoas queren quitarlle valor a esta celebración, no noso cole entendemos que o seu verdadeiro significado é unha homenaxe ao agarimo, o respecto e a amizade.

Con este fin, o pasado luns apareceu no cole unha caixa de correo con algunhas instrucións… pero estaban en inglés! Moitos dos alumnos preguntamos para que era, e foron os maiores os que fixándose ben, e incluso tomando notas llo explicaron aos demais… tiñamos que escribir unha carta a alguén a quen quixeramos… pero tiña que ser en inglés. Despois do susto inicial, puxémonos mans á obra, preguntamos ás profes, deseñamos postais, imitamos ideas de Internet… e sobre todo usamos moito a imaxinación.

Había varias regras que tivemos que cumprir:

  • – Ser agradable e dicir so cousas bonitas.
  • – Ter en conta a aquelas persoas que pode que non recibisen algunha carta.
  • – Ser creativos e orixinais.
  • – E por suposto facelo en inglés.

Ademais as profes animarónnos a facer máis de unha postal… Así é que cando chegou o momento de repartilas había máis de 500! Menudo traballo!!

Todos os alumnos do cole participaron, dende os pequeniños de 3 anos ata os máis maiores! Houbo cartas e postais para todos, incluso algún profe!

Sen dúbida, é un día que non esqueceremos!