Tarefa Scones

Os alumnos e alumnas de sexto comezamos este curso cheos de enerxía! Comezamos o curso preparando unha das recetas máis clásicas da cociña inglesa, scones!

Estes pequenos bolos son lixeiramente doces, e os británicos adoitan tomalos ás cinco da tarde acompañados de crema de nata e marmelada no famoso te.

Para poder facelos, trouxemos os ingredientes e buscamos as mans máis importantes de toda primaria… as dos nenos de primeiro! Entre todos, xuntamos os ingredientes na nosa clase, amasamos e dimos forma aos bolos, e todos xuntos, levamolos ao forno. Que alegría cando empezaron a saír, dourados e quentiños!

E todo isto en inglés! Yummy!