Triduo María Auxiliadora – Tercer día

FELIZ DÍA!

Como non pode ser doutro xeito, no noso Triduo non pode faltar unha representación teatral, pero dadas as circunstancias é unha representación un pouco… diferente. Unha representación 2.0! Esperamos que vos guste tanto como a nós nos gustou facela!

Lectura do Santo Evanxeo según San Xoan 2, 1-11

Como acabamos de ver na representación, María amósase preocupada e atenta aos demais. A súa actitude non é indiferente. Pide a Xesús que faga o posible para que a felicidade reine no banquete e todos xuntos poidan compartir a ledicia.

Ogallá nós nos amosemos atentos ás necesidades dos demais, como o fixo María e nos comprometamos na procura do ben común, botando unha man a quen estea necesitado e vivindo con fe, ledicia e solidariedade a nosa vida cristiá.

Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º estamos moi emocionados por pechar este Triduo tan especial. Non é fácil poder chegar a todos nesta situación, pero temos moi presente que a nosa Virxe sempre está ao noso carón, e por iso queremos rematar este Triduo como sempre o facemos, levando os nosos “vivas” máis aló dos nosos corazóns ata todos vós, a través das redes.