Videoxogos e intelixencia artificial no cole

Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo metéronse de cheo na creación de videoxogos e no coñecemento da intelixencia artificial, a través das actividades do programa Digicraft.

Os pequenos e pequenas de primeiro descubriron como funcionan os videoxogos de plataforma e puideron crear un. Primeiro idearon aos seus personaxes principais, encargados de recoller o maior número de chaves. Segundo, dentro do programa Scratch, construíron os obstáculos cos que se ía atopar o seu heroe/heroína. Finalmente, puxeron a proba o seu xogo e compartírono cos seus compañeiros.

Por outro lado, os menos e nenas de segundo introducíronse no funcionamento da intelixencia artificial. A través da actividade “Explorando Internet”, os rapaces debían buscar pistas para descubrir o animal misterioso que visitaba a aldea de Rokuju. Para iso debían acceder ás “Memorias en realidade virtual de Internet” e desprazarse polo medio para colleitar a información interesante. Unha vez conseguidos todos os datos, invitamos aos grupos a que usen o Asistente de Google para pescudar de que animal se trata.

Con estas dúas actividades os alumnos e alumnas aprenden conceptos básicos como saber utilizar os buscadores para buscar información na rede ou ser prudente e responsable nas actividades dixitais. Todo isto a través do xogo e da diversión.