O espazo

Os rapaces e as rapazas de quinto comezamos este novo curso con moitas ganas!

Nas primeiras unidades de Sociais falamos dun tema que nos encanta… o espazo! Pero ás veces hai certos movementos dos astros que son un pouco máis difíciles de entender so coas explicacións.

Por ese motivo, a nosa profe nos propuxo facer unhas maquetas que nos axudasen a explicar diferentes movementos dos astros no espazo: as órbitas, as estacións, os eclipses, as fases da lúa

Para conseguilo, organizámonos por parellas, escollemos un tema e preparamos os materiais. Cada parella utilizou cousas que tiñan por casa para representar o tema escollido… tamén contamos cun chisco de axuda dos nosos pais!

Sen ningunha dúbida, o máis complicado foi presentar diante de todos os compañeiros o tema… había que telo moi ben estudado.

Deixámosvos cunhas fotos do noso esforzo conxunto: