Saída a Santiago

O martes 13 de novembro os cursos de 3º e 4º fixemos unha saída a Santiago. Isto si que é boa sorte!

Comezamos visitando Meteogalicia, alí comprendimos o laborioso que é dar un prognostico do tempo. O primeiro de todo foi lanzar a Radio sonda, con ela podemos coñecer datos estratosféricos. Despois desta gran experiencia, tocou coñecer como fan os seus prognósticos e como llo comunican as canles de televisión, os xornais ou as radios. Para poder dar o prognóstico precisamos coñecer con que instrumentos o fan, e isto fixémolo a continuación. Por último, entendimos os mensaxes que nos envían os distintos tipos de nubes.

Despois desta gran visita, chegou a quenda de desprazarnos ata a Cidade da Cultura. Alí fixemos unha ruta para coñecer as distintos xardíns, zonas verdes, árbores e plantas da contorna. Finalmente, chegou o momento de xantar e xogar no parque todos xuntos.

Aprender xamais foi tan divertido!