Outono no Xardín

O pasado mercores, día 15 de novembro, os alumnos/as de Educación Infantil e os cursos 1º e 2º de Primaria visitaron o xardín e a carballeira do pobo de Caldas.

Entre as actividades que desenvolveron cabe destacar: xogos coas follas, recollida de landras, observación do baixo nivel do río…

Tamén viron uns parrulos no río, que se achegaron aos nenos cando os oíron cantar.

Coas follas que recolleron fixeron un mural e outras actividades na aula.

“Outono bonito,
folliñas no chan,
castañas asadas
que boas están!”