Unha estrela chegou á Encarnación

O pasado 15 de novembro, as directoras do centro acudiron, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a un evento presidido polo conselleiro Román Rodríguez, na Cidade da Cultura (Santiago).

Entre os 83 centros aos que se lle concederon a distinción por implementar a partir deste curso 2017/18 o plurilingüismo na educación infantil (Plurinfantil), estabamos nós.

No noso cole apostamos polo plurilingüismo, como vía para preparar aos alumnos para os retos da sociedade global.