Somos electrecos!

O venres 5 de abril os nen@s de 2º e 3º de Primaria recibimos unha visita moi interesante, os nosos amigos os Bolechas volveron ao cole.

Nesta ocasión acompañounos Sonia para propoñernos un reto moi importante para o nosos planeta. Sonia e a científica Peni Cilina achegáronnos aos RAEE (Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), aprenderon como recoñecelos e como debemos actuar para que non se convertan en lixo e ensucien a Terra. Para facelo, Sonia e Peni foron poñéndolles diferentes probas e xogos aos cativos.

Grazas a Sonia coñecemos a historia de Xiratoria, unha vella lavadora que tiraron no monte, porque só lle faltaba unha peza. Con Sonia, mellor dito con EcoSonia, e o seu poder para arranxar aparellos, Xiratoria volveu a funcionar como se fose nova.
Con esta historia comprenderon que non debemos desfacernos dos electrodomésticos a primeira de cambio e temos que procurar arranxalas cando sexa posible; de non ser posible debemos levalo ao PUNTO LIMPO.

E chegou a proba final: Que vai ao PUNTO LIMPO?

Pois ben, moitos dos nosos xoguetes, os libros de sons, as lámpadas, os coches teledirixidos, as consolas… todo isto debémolo levar ao punto limpo ou a unha tenda onde vendan electrodomésticos.

Os nen@s estiveron moi atentos e resolveron correctamente a todas as probas que lles puxeron. Por iso recibiron unha morea de agasallos e convertéronse en Socios do Movemento RAEE dos Bolechas.

Agora é a nosa quenda e levar esta mensaxe polo mundo e seguir a misión dos ELECTRECOS.