Semana da Cultura Científica “SABIO CALDAS”

Por segundo ano consecutivo o Concello de Caldas realiza a semana da Cultura Científica “SABIO CALDAS”.
O noso centro participou nesta actividade moi activamente. Os cursos de 4 anos, 2º e 3º de Primaria realizaron a exposición de diferentes experimentos e experiencias.

Os nen@s de 4 anos explicaron o proceso de refracción e fixeron o experiencia da chuvia de cores.

En canto aos nen@s de 2º de primaria presentaron catro experimentos moi rechamantes e divertidos.
• O globo máxico.
• A pementa que fuxe.
• Minivolcán en erupción.
• A bolsa a proba de fugas.

Os nen@s de 3º foron os encargados de facer unha “Reeducación” sobre o medio ambiente e o coidado do planeta.
Con catro estacións (Son libre!, Canto tardo?, A viaxe dunha bolsa e Reeducamos) procuraron mover as conciencias dos que por alí pasaron.

Pero isto non foi todo! Os rapaces de 5 anos, 1º, 4º, 5º e 6º viñeron a visitarnos e gozaron das nosas experiencias e das dos outros coles.

Nunca a ciencia resultou
tan divertida!