Proxecto Frida Kahlo

Durante o mes de febreiro a aula de «los dragones» e a aula de » los pitufos» fixeron un proxecto sobre a pintora mexicana Frida Kahlo.

No proxecto traballáronse as intelixencias múltiples mediante diferentes actividades nas que os alumnos/as estiveron moi motivados participando en todas elas.

Tamén nos gustaría agradecer ás familias a súa colaboración , xa que sen vós este estupendo traballo non sería posible. Por suposto, estades todas e todos convidados a visitar no cole o noso recuncho de Frida Kahlo.