Horto 2018-2019

Co comezo do novo ano, comezan tamén as tarefas na nosa horta!

Como sabedes, o noso cole comezou durante o curso pasado un proxecto de horto escolar en colaboración co Concello de Caldas. Os rapaces e as rapazas de 5º comezamos entón a plantar os nosos primeiros tomates, cenorias, leitugas… pero tamén aprendimos técnicas básicas de coidado e mantemento dun horto ecolóxico e as vantaxes que este tipo de cultivo ten sobre outras técnicas.

Como novidade, imos a turnarnos cos alumnos de 4º para que eles tamén vaian aprendendo as diferentes técnicas para manter o noso horto no mellor estado posible.

Este curso, dende o mes de outubro, comezamos con diferentes sesións de charlas. Agora, co comezo do novo ano empezamos a preparar o terreno para plantar de novo e coidar os nosos cultivos. Tamén recolectamos algunha das cousas que plantaramos durante o curso pasado para que podan brotar de novo con máis forza!

Mirade como lle damos ao sacho!